Cultura popular: a festa de Beltane en tempos de coronavirus

In: Amarelas A:

Desde o principio dos tempos o ser humano empregou a mitoloxía para explicar a orixen do mundo, dos cambios estacionais ou dos fenómenos naturais.

Ritos, contos, lendas e mitos teñen pousada na cova do imaxinario galego e que forman parte da nosa cultura popular, intervindo ata nas vidas dos mais escépticos.

Hoxe toca adicar a entrada a un deses ritos, A FESTA DE BELTANE.

É un dos rituais celtas máis importantes do ano e que se celebra no hemisferio norte, na noite do 30 de Abril ao 1 de Maio. Os celtas representaban a resurrección da vida e a chegada da estación luminosa, en contraposición coa festa do Samaín, que marcaba o comezo da estación oscura. Cabe recordar que os celtas dividían o ano en dúas estacións principais: a cálida e a fría, polo que vivían catro momentos importantes ao longo ano: En Novembro o Samaín, en Febreiro o Imbolc (A candelaria), en Maio a Beltane e en Agosto o Lughnasad.

Para entender un pouco as suas orixes, históricamente esta festa pagana festexábase en lugares coma Irlanda, Escocia, Galicia ou na Illa de Man e algunas das suas costumes era encender fogatas, facer decoracións con frores, visitar pozos sagrados, danzas do “Palo de Mayo” ou desfrutar de fabulosos banquetes.

Unha festa adicada á fertilidade e a natureza

Nesa noite era momento de desbotar as preocupacións e os medos do invierno, dando paso a apreciar o corpo e a sua capacidade divina para o placer. Honrábase ó sexo no seu aspecto creativo, como portador de alegría e xenerador de nova vida. Así que as prácticas sexuais non eran consideradas pecado. Facer o amor nos campos aseguraba unha boa colleita en outono.

Ademais comezaba un cambio de ritmo de vida, xa que se podía adicar máis tempo a agricultura, gandeiría, caza ou as relacións comerciais.

O gando pasaba polo medio das fogatas para ser bendecido e darlle sorte nas novas rutas de pastoreo.

A continuación deixamos algunhas ideas para festexar Beltane na casa.

Hai que ter en conta varios elementos importantes coma o lume, a auga, as flores, a comida ou a danza.

5 IDEAS PARA FACER EN FAMILIA, SOLO OU EN PARELLA

1º Preparar un baño relaxante coas esencias que mais che gusten. É momento de paz e tranquilidade.

Para os/as máis peques pode ser unha experienca divertida darse un baño relaxante nunha tina grande.

2º A quen no lle gusta unha masaxe? Pois adica uns minutos para elo. Pode ser un gran momento para conectar contigo mesmo/a ou con outra persoa.

Moi recomendable tamén para os mais cativos/as, xa que vai favorecer un estado de calma e reposo ideal para os momentos previos a irse a durmir.

3º Facer un pequeno altar con frores. Poden ser de diferentes cores: vermellas, brancas, naranxas, amarelas. Tamén se poden colocar foitos de temporada como mazás, granadas e un pouco de incienso e velas.

Si estamos en parella pode ser un momento moi especial para facer unha renovación de “votos”. Ademais é momento de agradecer a nai terra todo o que nos da.

4º Preparar un banquete especial cos ingredientes que mais che gusten, o teu prato favorito, postre, bebida… é decir todo o que che apeteza.

5º Quen dispoña de chimenea, e un bo momento para encendela, contemplar a danza do lume ou compartir algunha historia ou lenda.

Desexamos que pases un día de Beltane especial e se che interesa a mitoloxía publicaremos próximamente outra entrada adicada os seres mitolóxicos galegos e as suas lendas que podes desfrutar coa nosa xinkana mitoloxica unha vez que superemos este estado de confinamento. Convidámoste a que pases pola nosa web.

Comentarios

Deja tu comentario